1º de maio - Día do Internacionalismo Proletario en Galiza - 2012

Unhas 60.000 persoas manifestáronse coa CIG neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, para amosar na rúa o seu rexeitamento ás políticas laborais e económicas do PP e demandar outras medidas favorábeis aos intereses da clase obreira. A central nacionalista, que convocou as manifestacións baixo o lema "Por emprego digno, non á reforma laboral do PP" e "En defensa do ensino e da sanidade públicos", reiterou o chamamento a seguir na contestación social e no proceso de acumulación de forzas para avanzar na consecución dun modelo económico e social máis xusto e solidario.

Volver