Forza, dignidade e compromiso. Vota CIG

Eleccións Sindicais no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A CIG preséntase a estas eleccións sindicais, facendo un balance positivodo traballo sindical realizado ao longo destes catro anos.

Desde xuño de 2008, a actividade desenvolvida pola CIG en prol da mellora das condicións de traballo das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizo Igualdade e Benestar foi incesante.

Todas e todos lembramos as numerosas mobilizacións realizadas, sempre convocadas pola CIG e apoiadas polo conxunto das traballadoras e os traballadores do Consorcio.

A CIG estivo presente en todo momento. Non houbo campaña nin mobilización que non fose convocada e organizada pola CIG. Ao longo destes catro anos, o noso traballo centrouse na defensa do carácter público do Consorcio, na demanda dunha convocatoria de oposicións que convertese as traballadoras e traballadores eventuais en fixos, na esixencia de que o persoal do Consorcio fose incluído no Convenio Único da Xunta, na demanda de que todo o persoal fose indefinido até a cobertura do posto, na defensa do persoal despedido das oficinas de I+B, ou no dereito a participar na folga.

Asembleas, recollidas de sinaturas, concentracións, manifestacións, peches, folgas e recursos nos tribunais foron os elementos necesarios para impedir unha involución deseñada polo goberno do PP que tomou posesión en 2009 e que tiña como primeiro obxectivo desmantelar o Consorcio de Igualdade e Benestar, algo que grazas á presión exercida por todas e todos nós, non conseguiu. No entanto, durante estes últimos anos, as e os traballadores do Consorcio foron branco de numerosos ataques e difamacións, tanto por parte do actual goberno galego como dalgunhas organizacións sindicais que hoxe acoden á campaña solicitando o voto.

PROGRAMA ELECTORAL DA CIG

BALANCE DO TRABALLO SINDICAL DE CATRO ANOS

DOSIER DE CIG INFORMAS DOS CATRO ANOS

  • Forza, dignidade e compromiso. Vota CIG
  • Forza, dignidade e compromiso. Vota CIG

Volver