Decreto polo que se regulan os centros integrados de F.P.

Formación Profesional

Na mesa sectorial do pasado 27 de febreiro a CIG-Ensino manifestou que xa deixou constancia do noso rexeitamento a este modelo nos distintos órganos de negociación. Manifestamos que o máis importante para a CIG é que non existan CIFP privados e concertados, sabendo que, aínda que ven recollido no Real Decreto, a Administración educativa galega pode deseñar instrumentos suficientes para que non teñan cabida do deseño das ensinanzas da FP. Estamos a falar dun ensino postobrigatorio e non esquezamos que o cancro da FP é a compravenda de título a través da empresa privada.

En termos xerais, as alegacións da CIG xiraron ao redor da elección de director e as súas funcións, a contratación de expertos, a composición do Consello social, a ubicación dos CIFP, a docencia en horas extras e ao pulo que hai que dar, especificamente nestes centros, aos temas de igualdade e desenvolvemento sostido.

A CIG rexeita a figura de director ou directora como cargo de confianza, e defendemos que como mínimo debe ser referendado polo claustro. Así mesmo, no Consello Social só hai dous docentes elixidos entre o profesorado, dun total de 12 membros, cuestión que nos parece inaceptable. Reclamamos ao menos 4 profesores ou profesoras elixidos democraticamente.

A Dirección Xeral comprometeuse a restrinxir a autorización de centros integrados privados e concertados. Estudaran a posibilidade de aumentar a catro os representantes elixidos do profesorado. Tamén terán presente a función do claustro na elección de director ou directora,dando máis puntuación as candidatas ou candidatos do centro, pero sen que isto sexa definitivo para o seu nomeamento. Semella ao proceso de asesores da Consellaría. A ubicación dos centros será nas zonas estratéxicas que se decidan, eliminando a referencia as cidades. Non haberá máis de 25 CI de aquí ao 20015 (aprox.) .Por último, a Dirección xeral aclarou que a contratación de expertos e a docencia en horas extras será excepcional, e así tentará recollelo.

Como información engadida, desvelou unha parte do segredo mellor gardado desta Dirección Xeral: o novo Plan Galego da FP. Dixo que teñen dividido o país en 15-20 zonas de FP e en función diso farán o mapa de ciclos. Algo é algo.

Para consultar o decreto e as alegacións da CIG-Ensino podes premer aquí-

Volver