Convocatoria de mesa sectorial docente non universitaria para o próximo martes, día 21 de xuño

A CIG Ensino rexeita absolutamente a proposta da Consellaría de Ampliar o horario lectivo do profesorado

Nesta mesa vanse tratar as seguintes ordes: a Orde pola que se regula a xornada de traballo dos funcionarios docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, a Orde pola que se desenvolve o Decreto polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas, a Orde pola que se establecen as normas de adxudicación provisional de destinos para o curso académico 2011-2012 do corpo de mestres e a Orde pola que se establecen as normas de adxudicación provisional de destinos para o curso académico 2011-2012 dos corpos que imparten ensinanza secundaria.

Orde do día:

1º.- Orde pola que se regula a xornada de traballo dos funcionarios docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Ligazón

2.- Orde pola que se desenvolve o Decreto polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas. Ligazón

3.- Orde pola que se establecen as normas de adxudicación provisional de destinos para o curso académico 2011-2012 do corpo de mestres. Ligazón

4.- Orde pola que se establecen as normas de adxudicación provisional de destinos para o curso académico 2011-2012 dos corpos que imparten ensinanza secundaria. Ligazón

5.- Rogos e preguntas

Volver