Concentración da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público diante da Consellaría de Educación o Luns 17 coincidindo co inicio do curso en Secundaria

Ás 12:30 h. a CIG-Ensino ten convocada un asemblea de profesorado interino e substituto no Xelmírez II (Santiago)

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocada una concentración en contra dos recortes para o próximo Luns 17 de setembro ás 11:30h. diante da Consellaría de Educación, data que coincide co inicio de curso en Secundaria. Neste acto, que incluirá unha parodia sobre o inicio do curso, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixirá da Consellaría de Educación que rectifique e que cese nos seus ataques ao ensino público.

Con posterioridade, ás 12.30 H. a CIG-Ensino ten convocada un asemblea de profesorado interino e substituto no Xelmírez II para valorar as accións a levar a cabo diante da situación creada polos recortes.

Volver