Centros educativos de Santiago, Melide, Ferrol, Verín, Vigo, A Coruña e Pontevedra acolleron con éxito peches en defensa do ensino público

No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país

Centos de persoas quixeron sumarse aos peches convocados en centros de ensino de diferentes vilas e cidades para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten previsto continuar cos encerros ata o 1 de xuño

No peche de Vigo, o secretario nacional da CIG-Ensino -organización que fai parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público- rexeitou os recortes propostos e denunciou que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado. Ao mesmo tempo, Anxo Louzao criticou que aumentará o fracaso escolar e suporá o despedirá de máis de 2.000 profesores/as.

Por todo isto, esíxelle ao Goberno galego que actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego; en definitiva, que se negue, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias.

  Podes ver o vídeo do peche de Vigo na seguinte ligazón

Volver