Campaña pola anulación da obriga de realizar gardas fóra do horario lectivo no CEIP de Ordes

Organización de Centros

Diante da situación creada pola decisión do Consello Escolar de obrigar ao profesorado a realizar gardas antes do horario escolar, CIG-Ensino, ven levando a cabo unha campaña polas repercusións que isto tería nas condicións laborais dos ensinantes. Para iso véñense recollendo sinaturas e pronunciamentos de claustros, co fin de lograr que a Consellería de Educación anule esta decisión. Ademais chegouse a un acordo coas outras organizacións sindicais para conxuntamente solicitar da Consellería que exima ao profesorado desa obriga. Para mais información e participar nesta campaña, achegamos os escritos que se enviaron aos centros.

Ligazón

Volver