As organizacións sindicais acordamos unitariamente reclamar da Consellaría de Educación un novo proxecto de orde para a implantación da xornada única en sesión de mañá

Acordo sindical pro xornada única

En reunión celebrada o 27 de decembro as organizacións sindicais do ámbito do ensino, CIG-ENSINO, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF acordamos presentarlle, hoxe mesmo, ao Presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria o escrito que logo reproducimos e no que esiximos a retirada do proxecto de orde presentado na Mesa de 21 de decembro e a presentación dun novo proxecto de orde que, entre outras cuestións, recolla que: Para proceder á modificación da xornada se requirirá a participación do 50 % do censo, entendendo un só voto por unidade familiar, e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes. O transporte escolar nunca condicionará o cambio de xornada lectiva proposta e aprobada pola comunidade educativa. Ademais, acordamos solicitar unha entrevista urxente para tratar este tema.

Ligazón

Volver