Aprobadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de Secundaria e de Formación Profesional

Xúntase a Resolución do 11 de outubro de 2017 da Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura

  • As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación no portal.

 

A administración acaba de modificar as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura, subsanando os erros detectados de persoas excluídas.

Eliminou das listaxes de excluídas ás persoas das que teñen actas dos tribunais dicindo que suspenderon pero si se presentaron, aínda que nas listaxes das oposicións apareceran como excluídas.

De algunha ou algún de vós aparecer como excluído ou excluída, por erro, debedes presentar o antes posíbel reclamación tanto no rexistro como por correo electrónico:

persoal.secundaria@edu.xunta.es

Noutra orde de cousas, a Consellaría toma a decisión de recalcular a nota da segunda proba, independentemente da nota calculada polo tribunal, aplicando unha ponderación do 50% entre as dúas partes da proba. Desde a CIG-Ensino non compartimos esta decisión posto que a nota da oposición é a ditada polo tribunal.

Resolución do 11 de outubro

Relación provisional de persoas excluídas

Volver