ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO XERAL DE TRASLADOS SECUNDARIA (DOG 27-3-08)

Concurso Traslados Secundaria

Publicada no DOG 27-3-08 a adxudicación provisional do Concurso de traslados de diferentes corpos de secundaria. Reclamacións: dez días, contados a partir da súa publicación no DOG. Renuncias: será do 7 ao 11 de abril de 2008, ámbolos dous incluídos. Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.


ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS DE SECUNDARIA

Resolución do 13 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos distintos corpos de secundaria:

Consulta esta adxudicación clicando aquí

RECLAMACIÓNS
Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sétima, da Orde do 31 de outubro de 2007,cabe reclamación no prazo de dez días, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 

RENUNCIAS: 
O prazo de renuncias será do 7 ao 11 de abril de 2008, ámbolos dous incluídos. As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva. O destino adxudicado na resolución definitiva é irrenunciable.
 
IMPORTANTE:
Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade. 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS E RENUNCIAS: 
 Poderanse presentar en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no centro de destino sempre que, ademais, se remitan por fax, dentro do prazo establecido, ao servizo de profesorado de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais; número de fax 981 54 54 84.

Volver