A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizará actos públicos contra a LOMCE este xoves 13 en vilas e cidades

Desenvolveranse entre as 19 h e as 20 horas e contarán con actuacións musicais e lectura de textos

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un novo chamamento a participar nos actos públicos que ten convocado para este xoves 13 de xuño en diferentes vilas e cidades. Estes actos contra a LOMCE desenvolveranse entre 19 e 20 horas e incluirán actuacións musicais, lectura de textos e outras actuacións. En Ferrol o acto será o 18.

Para a organización destes actos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contactou con diferentes persoas que participarán nos mesmos, lendo un parágrafo do manifesto, contribuíndo coa actuación musical ou recitando poemas en contra a  LOMCE. Nos actos tamén participarán representantes das organizacións que forman parte da Plataforma e do tecido asociativo e cultural das diferentes comarcas.

ACTOS CONVOCADOS POLA PLATAFORMA

19h.

  • Pontevedra: Praza da Peregrina..
  • Vilagarcía: Praza de Galiza.
  • A Coruña: CEIP Curros Enríquez, Campo de Marte.
  • Santiago: Praza do Toural.
  • Cee Praza 8 de  Marzo.
  • Carballo Praza do Concello.

19.30 h.

  • Ourense: Xardíns Pai Feijoo, 19 horas.
  • Lugo: Ronda da Muralla, Edificio administrativo da Xunta.

 20 h.

  • Vigo: Rúa do Príncipe, diante do MARCO, 20 h.

20:30 h.

  • Vila de Cruces. Auditorio de Merza.


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contará no acto da Coruña coa participación  dos Tres Trebóns, Mini e Mero, Mercedes Queixas, Miguel Mato, Isabel Risco,  Camilo Pardo e Moncho do Orzán. En Santiago, por exemplo, estará o cantautor Roberto Sobrado, Teresa Moure, Suso de Toro, Rafa Vilar e o triatleta Antón Ruanova, e tamén haberá animación con gaiteiros. En Lugo participarán Marica Campos, Adolfo de Abel Vilela, o Grupo Doxa de Filosofía, o coro Antilomce lugués, clarinetistas CMUS e anexos, Ailalelos Trio e un duo de violíns.

Na lectura de textos en Vigo participarán  Pepe Carreiro , Agustín Fernández Paz, Francisco Castro e Marta Dacosta.  O acto estará amenizado por membros dos grupos Quempallou e Zurrumalla. En Pontevedra contarán con Laura e Marina Quintillán e membros de Maraballada.  En Carballo estará o grupo de música MalaVida e farase un  recital poético a cargo de Paco Souto e en Cee  estará o grupo "Peta forte", da escola de música de Cee,  o grupo de gaitas de Sardiñeiro e o recital poético correrá a cargo de Serxio Iglesias, Xaime Trillo, Suso Vaamonde, Mónica Góñez e David Creus. Tamén haberá  textos de creación propia do alumnado. Ao acto de Ourense sumaranse o grupo Terra Morena e os escritores Xosé Manuel Cid e Isaac Alonso Estraviz.

Volver