A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inza as rúas de música e textos contra a LOMCE

A CIG-Ensino fai unha valoración positiva dos actos que se desenvolveron nas cidades e diferentes vilas do país na tarde deste xoves 13 de xuño

As rúas de Santiago, A Coruña, Lugo, Pontevedra,Ourense, Vigo, Vilagarcía, Carballo, Cee e Vila de Cruces acolleron este xoves 13 de xuño novos actos públicos en contra da aprobación da LOMCE organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. En Ferrol estas mobilizacións lúdicas, con música e textos nos que se amosa o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade no se conxunto á LOMCE, serán o 18 ás 19:30 horas.

Galería de imaxes

Vídeo do acto de Vigo

Para a organización destes actos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contactou con diferentes persoas que participaron nos mesmos, lendo un parágrafo do manifesto, contribuíndo coa actuación musical ou recitando poemas ou textos de elaboración propia. Ademais das organizacións que forman parte da Plataforma, a estas convocatoria quixeron sumarse tamén representantes do tecido asociativo e cultural das diferentes comarcas. 

En todos eles puideron escoitarse as coplas contra a LOMCE, fragmentos do “xuízo” ao ministro parodiado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Püblico e o manifesto. Ligazóns:

MANIFESTO

GUIÓN DO XUÍZO

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino,  Comités, Liga Estudantil Galega,  Federación Provincial de ANPAS de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPAS de Compostela, Federación de ANPAS da Costa da Morte, a Federación de ANPAS de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova.


  • A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inza as rúas de música e textos contra a LOMCE

Volver