A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca mobilizacións contra a LOMCE para hoxe xoves 31 de xaneiro

As concentracións realizaranse ás 19:30 horas de xeito paralelo nas sete cidades, Carballo, Lalín e O Barco de Valdeorras

A CIG-Ensino fai un chamamento a participar nas concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en todas as comarcas o xoves, 31 de xaneiro, en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). Podes consultar os lugares nos que se van celebrar as concentracións na interior desta nova.

A Plataforma, integrada por membros de toda a comunidade educativa, cita aos pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que amosen o seu rexeitamento á LOMCE nas concentracións convocadas de xeito simultáneo ás 19:30 horas.

Lugares das concentracións:

  • A Coruña: Praza de Pontevedra
  • Ourense: Xefatura Territorial de Educación
  • Lugo: Subdelegación do Goberno
  • Vigo: MARCO
  • Santiago de Compostela: Praza do Toural
  • Pontevedra: Praza da Peregrina
  • O Barco de Valdeorras: Praza do Concello
  • Ferrol: Edificio Administrativo da Xunta
  • Carballo: Praza do Concello
  • Lalín: Praza do Aviador

A Plataforma tamén amosou o seu apoio á folga estudantil e a manifestación convocadas polos Comités e a Liga Estudantil para o 6 de Febreiro no ensino medio e universitario. Ao tempo anima aos Consellos Escolares dos centros e aos Claustros a que aproben resolucións en contra da LOMCE.

Aínda estás tempo de asinar en conta da LOMCE na seguinte ligazón.

Podes acceder a toda información e documentación sobre a LOMCE nesta outra ligazón.

Volver