A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 27 de xuño en contra da supresión de unidades e profesorado

A mobilización será ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o próximo mércores 27 de xuño ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación para amosar o seu rexeitamento aos recortes no ensino público. Denuncia a supresión de unidades e de profesorado programadas pola Consellaría de Educación para o próximo curso 2012-2013.

As medidas previstas, ademais de reducir o profesorado dos centros e despedir docentes, incrementarán o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagruparán alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducirán a oferta educativa.

Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

 

Volver