A maioría do profesorado galego xa pertence a efectos de xubilación ao réxime da Seguridade Social

Toda a información actualizada das xubilacións docentes para este 2024 xa na nosa web.

Tal e como se pode ver no CIG-Informa monográfico sobre este asunto, tan só no funcionariado de carreira se mantén a proporción superior no colectivo de clases pasivas cun 57% fronte ao 43% da Seguridade Social. 

No primeiro caso a pensión máxima estatal é de 3.175,04 €/mes. No segundo depende da base reguladora persoal que, desde 2022, é o cociente que resulta de dividir por 350 as bases de cotización da persoa que se xubile nos 300 meses inmediatamente anteriores ao do mes previo á xubilación. 

Polo de agora o profesorado de Clases Pasivas mantén o seu dereito a xubilarse anticipadamente aos 60 anos de idade, con 30 cotizados, dos cales os últimos 5 por este réxime. Pola contra, na Seguridade Social a idade legal de xubilación este ano son 65 anos se se teñen cotizados 38 anos e, do contrario, 66 anos e 6 meses.

A CIG-Ensino vén de editar unha publicación monográfica sobre as xubilacións docentes, de interese non só para o profesorado próximo a esta situación senón para quen aínda ten por diante unha traxectoria profesional ampla. Neste sentido cómpre lembrar que, tras a reforma das pensións do ano 2011 pactada polo goberno central cos sindicatos UGT e CCOO, se declarou a extinguir o réxime de clases pasivas e o profesorado que ingresou na función pública docente desde ese ano xa forma parte do réxime da Seguridade Social, ao igual que o profesorado interino e substituto.

Na publicación analízanse as características das xubilacións anticipadas nun e noutro réxime, das ordinarios, das prórrogas e das xubilacións por incapacidade permanente, así como outros aspectos de interese: beneficios asimilábeis á cotización, compatibilidade das pensións, complementos de pensión, etc.

CIG Informa xubilacións 2024

Documento


Volver