A Consellaría confirma que haberá concurso de orientación

Asemade confirma que non haberá concurso para as EPAPUs

Despois do escrito presentado pola CIG Ensino o 9 de outubro a Consellaría confirmounos hoxe, 23 de outubro, que habería concurso xeral de traslados de orientación para os centros de primaria.

Desde a Consellaría tamén se nos fixo chegar que non teñen pensado convocar o concurso de traslados para as EPAPUs.

Na CIG-Ensino defendemos que a Consellaría debe asumir ambas convocatorias sexan anuais, como o concurso xeral de traslados, tendo en conta que existe demanda entre o profesorado en expectativa de destino e con destino definitivo. 

Segundo o estudo que fixo a CIG-Ensino, no caso de Orientación do corpo de mestres ofertáronse con destino provisional 116 prazas para xefaturas deste departamento para o presente curso escolar: 38 na provincia da Coruña, 11 na de Lugo, 5 en Ourense e 62 en Pontevedra. Descartando algunhas destas prazas que poidan estar ocupadas por profesorado con destino definitivo con reserva da súa praza, na central sindical entendemos que unha parte importante delas debería ser ofertada xa neste curso. Podes ver as vacantes e o resto da información sobre a nosa petición -feita o día 9 de outubro- na seguinte ligazón

Volver