A CIG-Ensino valora positivamente a participación nas concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Máis de 2.000 persoas, entre as que se atopaban pais e nais, estudantes e docentes súmanse á convocatoria

A CIG-Ensino valora positivamente a participación nas concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocadas en trece cidades e vilas de toda Galiza. Os actos en contra dos recortes no ensino público terán continuidade coa folga de estudantes e as manifestacións previstas para o próximo xoves día 10, os peches rotativos nos centros que empezan o día 14 e a mobilización que se fará en Santiago o día 3 en defensa dos servizos públicos.

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, lembrou que estas mobilizacións teñen como obxectivo rexeitar a situación dramática que atravesa o ensino publico despois das medidas postas en marcha polo PP desde a Xunta de Galiza e as aprobadas polo Goberno central, que a Consellaría xa dixo que ía aplicar.

Louzao lamentou que a Consellaría de Educación en lugar de actuar como máxima autoridade educativa actúe de xeito cómplice e incluso presuma de ter sido pioneira en aplicar medidas lesivas para o ensino público.

Anxo Louzao insistiu hoxe en que a CIG-Ensino non está disposta a que se apliquen máis recortes e pediu a retirada do Real Decreto Lei 14/2012 porque invade competencias e nos sitúa nun estado preautonómico, suporá o despedimento de miles de profesores, aumentará  o fracaso escolar, reducirá a calidade e expulsa do ensino aos que teñen menos recursos.

  • A CIG-Ensino valora positivamente a participación nas concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Volver