A CIG-Ensino esíxelle á Educación que organice a formación para o profesorado de FP que non pode acceder ao mestrado

Este profesorado ten até o 1 de setembro de 2013 como data límite para cumprir este requisito

A CIG-Ensino ven de demandarlle á Consellaría de Educación que organice a formación pedagóxica e didáctica esixida para o curso 2013-2014 ao profesorado de FP que, non tendo titulación para acceder ao mestrado ou á certificación que o habilite para a docencia, ten que cursar a formación correspondente dunha duración de 60 créditos europeos. Este profesorado ten como data límite para cumprir este requisito, e poder impartir docencia, o 1 de setembro de 2013. Por esta razón a CIG-Ensino solicitoulle á Xunta que organice esta formación con carácter urxente, facilitando o acceso a todo o profesorado afectado, ou que esixa a prórroga da entrada en vigor da norma. Do contrario estariamos ante a vulneración da legalidade e un grave atropelo ao profesorado que a CIG non vai consentir.

Ligazón

Volver