A CIG-Ensino esixe na Guarda a readmisión dos catro traballadores/as despedidos no centro San Xerome Emiliani

A CIG-Ensino insistiu en que non cesará nas mobilizacións ata conseguir a incorporación destas persoas

Numerosas persoas quixeron sumarse á manifestación que a CIG-Ensino convocou este 24 de abril na Guarda para reclamar a readmisión das catro persoas despedidas no San Xerome Emiliani. Na marcha, que percorreu as rúas da vila, participaron as delegadas e delegados da CIG-Ensino polo Convenio de Centros de atención a persoas discapacitadas en que a central nacionalista é maioritaria. Tamén estivo presente o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.

Nesta mobilización Anxo Louzao denunciou que os despedimentos son resultado da represión sindical por facerlle fronte aos numerosos incumprimentos e permanentes abusos laborais da dirección do centro, prácticas abusivas que foron confirmadas por sentenza do TSXG. “Por iso se despide ás persoas que presentaron conflito colectivo”, explicou. A CIG-Ensino insistiu hoxe en que non cesará nas mobilizacións ata conseguir a incorporación destas persoas.

Volver