A CIG Ensino esixe a apertura inmediata das listas de agarda do persoal das Galescolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Estase tentando cubrir as necesidades de substitucións mediante o chamamento ao través do INEM e entrevistas persoais
Na CIG Ensino temos constancia de que se están facendo chamamentos ao INEM para tentar cubrir as vacantes de profesorado destes centros, chamamentos que rematan cunha entrevista persoal, inaceptábel para acceder a un traballo na administración.
Aínda así, e dado que non atopan o persoal necesario, van ter que pechar ao menos dúas escolas.
Queda patente outra vez a falta de planificación por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar así como a escaseza das plantillas de traballadoras e traballadores das Galescolas.