A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación se adianta á aplicación da LOMCE e comeza eliminar competencias do Consello Escolar

A Consellaría deixa en mans das direccións a adxudicación das cafetarías dos IES

A Consellaría de Educación enviou aos centro novas instrucións para realizar este curso a contratación do servizo de cafetería en todos os Institutos de Galiza, poñendo fin aos contratos que estiveron en vigor durante este curso. O contrato de xestión terá unha duración dun curso académico.

Desde a CIG-Ensino criticamos que estas instrucións establezan que a adxudicación da cafetería teña que facela a dirección do centro, sen someter a decisión ao Consello Escolar, que até agora era o organismo en que se realizaba a adxudicación. Desde a CIG-Ensino denunciamos que esta instrución da Consellaría de Educación é o inicio do recorte das competencias do Consello escolar e, por tanto, un adianto abusivo da aplicación da LOMCE que aínda está en trámite no Parlamento Español. Mais parece que á Consellaría de Educación non lle chega o tempo para poñer en práctica os elementos máis antidemocrátricos da Lei e xa se adianta aplicándoos á contratación da xestión do servizo de cafetería,  obrigando a que a decisión sexa tomada exclusivamente pola dirección do centro. Por outro lado, establecer unha periodización anual significa sobrecargar o traballo burocrático das direccións todos os anos no final do curso.

 Deste xeito, a Consellaría de Educación restrinxe a participación colectiva dos órganos de goberno e implanta o funcionamento en base a deíacisións unilaterais poñendo en evidencia o seu talante antidemocrático.

A CIG Ensino fai un chamamento ás direccións para que, a marxe da competencia que lle otorga a Consellaría, someta ao Consello Escolar a proposta da adxudicación do servizo de cafetaría.


Volver