A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación continúa cos seus ataques ao galego

A Consellaría vén de configurar a aplicación web de correo electrónico para que a entrada por defecto sexa en español

A CIG-Ensino viña denunciando o funcionamento deficitario da aplicación web de correo electrónico da Consellaría de Educación, xa que moitas veces era difícil acceder e impedía a xestión normal dos centros educativos.

A Consellaría de Educación vén de modificar aplicación web do correo electrónico e agora o idioma de entrada por defecto é o español.

Para a CIG-Ensino esta actuación constitúe un ataque máis ao uso e normalización do noso idioma, unha política á que nos ten acostumados o PP, que non escamotea esforzos para, cando é posíbel, ningunear o galego.

Este proceder é moito máis grave cando a Consellaría de Educación vulnera a propia lei de normalización lingüística que establece que o idioma da Administración educativa debe ser o galego.

 A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que remate con esta política lingüística de exterminio do idioma e que modifique urxentemente a aplicación web para que o idioma por defecto sexa o galego.

Podes consultar o escrito presentado pola CIG-Ensino exixindo que a Consellaría de Educación corrixa esta situación na seguinte ligazón.

Volver