A CIG-Ensino denuncia a pretensión da Consellería de suprimir ou de reconverter centros educativos de ensino secundario nas vilas e cidades

A Consellaría de Educación di que a planificación e ordenación educativa é a súa competencia

A Consellería continúa na súa batalla contra o ensino público con continuos recortes. Agora, pretende pechar centros de secundaria ou reconvertelos. O que suporá unha menor oferta educativa pública, masificación de aulas e supresión de profesorado para facilitar e potenciar o ensino privado concertado. A CIG-ENSINO non vai permitir que se inicie esta reconversión nin a desaparición de ensinanzas nos cetros públicos. Por iso esiximos na mesa sectorial de hoxe xoves 21 de marzo a paralización de calquera destas medidas para manter a actual oferta de ensinanzas no ensino público, ao que a administración contestou dicindo que a planificación e ordenación educativa son competencias da Consellaría, obviando que as consecuencias desta ordenación si deben pasar pola mesa sectorial.

Trátase dunha reconversión que pretende concentrar as ensinanzas de F.P. en centros específicos de F.P. ou centros integrados e o Bacharelato e a E.S.O. noutros.  O que suporá a supresión de ensinanzas e centos de profesores e profesoras  verán suprimido o seu posto de traballo, continuando así  coa destrución de emprego, empeorando a calidade do ensino e diminuíndo  a oferta pública educativa.

Esta pretensión tórnase aínda máis grave se temos en conta que xa se publicou a resolución provisional do Concurso de Traslados e que, de levarse a cabo esta reconversión,  nas localidades afectadas desaparecerán as vacantes actuais, o que significa unha desconsideración máis ao profesorado.

Ao día de hoxe, sabemos que nas localidades de Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba a Consellería pretende concentrar as ensinanzas e xa anunciou a desaparezan as ensinanzas de ESO e Bacharelato do IES  A Carballeira de Ourense e do IES As Mercedes de Lugo. Todo indica que a Consellería pretende continuar con este  desmantelamento nas outras provincias e estendelo aos Centros Públicos Integrados.

A CIG-ENSINO non vai permitir que se inicie esta reconversión nin a desaparición de ensinanzas nos cetros públicos. Por iso esiximos na mesa sectorial de hoxe xoves 21 de marzo a paralización de calquera destas medidas para manter a actual oferta de ensinanzas no ensino público, ao que a administración contestou dicindo que a planificación e ordenación educativa son competencias da Consellaría, obviando que as consecuencias desta ordenación si deben pasar pola mesa sectorial.

Volver