A CIG Ensino coa Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural

A Plataforma remata o mércores 12 o Camiño de Santiago reivindicativo e ten convocada unha manifestación desde o Obradoiro

A CIG-Ensino apoiara mañá tanto o remate do Camiño de Santiago reivindicativo como a mobilización que sairá este mércores 12 ás 12 da mañá da Praza do Obradoiro até San Caetano.

A CIG-Ensino apoiará mañá á Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural tanto na última etapa do Camiño de Santiago reivindicativo que sae ás 9:30 horas do Monte do Gozo, como na posterior Manifestación.

Dita manifestación sairá ás 12 da mañá da Praza do Obradoiro até San Caetano, diante da Consellaría de Educación, para denunciar o ataque que esta Consellaría esta levando contra o ensino público e concretamente contra o ensino rural, nomeadamente no norte de Lugo.

“Este desmantelamento programado de servizos, que afecta de xeito especial ao medio rural,  reducirá a calidade pero tamén vai provocar un maior despoboamento”, di Louzao.

Este novo ataque súmase á desaparición do programa Preescolar na Casa que desmantelou o partido popular.

Volver