A CIG-Ensino chama ao profesorado a secundar a folga do 9 de maio

A CIG-Ensino anima a participar nas mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ás 11:30 horas en todas as comarcas

A CIG-Ensino fai un chamamento ao profesorado e á comunidade educativa no seu conxunto para sumarse á folga contra a LOMCE deste xoves 9 de maio no ensino público galego. A CIG-Ensino agarda que esta folga sexa un éxito e que a comunidade educativa volva por de manifesto o seu rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.

Para a preparación desta a folga a CIG-Ensino fixo máis de 1.000 asembleas nos diferentes centros de ensino do país que se suman ás xa realizadas durante todo o curso. Este traballo súmase ao esforzo informativo que a CIG-Ensino levou a cabo desde que foi coñecededora do anteproxecto de LOMCE polo que ten de lesiva para o sistema educativo.  Previamente a  CIG-Ensino xa levara a cabo diferentes iniciativas como a realización dunhas xornadas monográficas e a recollida e entrega ao conselleiro de Educación de 10.172 sinaturas do profesorado galego contra a LOMCE.

A oposición da comunidade educativa galega a LOMCE, que agora culmina na convocatoria desta folga, tamén se fixo visible a través das diferentes accións promovidas durante o curso desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, as últimas accións foron os peches rotatorios en 15 centros educativos de todo o país durante todo  mes de abril nos que participaron preto de 3.000 persoas.

As manifestacións convocadas as 11:30 horas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, partirán dos seguintes lugares:

OURENSE: Xefatura territorial

VIGO: Praza dos Cabalos

FERROL: Praza de España/Praza de Armas

VILAGARCÍA: Praza de Galiza

PONTEVEDRA: Praza da Ferrería

A CORUÑA: Praza de Vigo

LUGO: Praza da Horta do Seminario

BURELA: Praza da Mariña. (Concentración)

SANTIAGO: Praza do Toural

CARBALLO:Praza do Concello

Tamén haberá mobilizacións en:

Allariz ás 11:30h diante do IES de Allariz

Arzúa ás 11:30h diante do IES Arzúa

Betanzos ás 11:30h diante dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas (Avda. da Coruña)

Cangas ás 11:30h diante do edificio do Concello de Cangas

Cee ás 11:30h diante IES Fernando Blanco

Lalín ás 12:00 diante da praza da igrexa

Moaña ás 11:30h diante IES As Barxas

Noia ás 11:30h na Alameda, diante do IES Virxe do Mar

O Barco de Valdeorras ás 11:30h diante IES Lauro Olmo

Ponteareas ás 12:00h na rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)

Ribadeo ás 11:30h diante IES Ribadeo (antigo IES Gamallo Fierros)

Rianxo ás 11:30h diante do IES Félix Muriel

Verín ás 11:30h diante do IES Xesús Taboada Chivite (Avda. de Portugal)

Xinzo da Limia ás 11:30h na praza Maior

Volver