• DSC_2561.JPG
  • DSC_2565.JPG
  • IMG-20200211-WA0002.jpg
  • IMG_0065.JPG
  • IMG_8046.jpg
  • ourense.jpg
  • ourense2.jpg
  • P1590866.JPG
  • P1590885.JPG
  • PHOTO-2020-02-11-11-15-30.jpg
  • PHOTO-2020-02-11-11-29-54.jpg

A cidadanía galega clama en contra da privatización da universidade

Esta mañá realizáronse concentracións simultáneas en todos os campus galegos para solicitar que se pare a tramitación do proxecto de lei de creación da primeira universidade privada de Galiza

Pola defensa da equidade social nos estudos superiores e contra a privatización da universidade. A Plataforma galega en defensa da universidade pública, da que a CIG-Ensino forma parte, levou a cabo esta mañá o primeiro dos seus actos reivindicativos desde a súa constitución con concentracións fronte a edificios emblemáticos das tres universidades galegas.

Miles de persoas concentráronse esta mañá nos sete campus do País para amosar o seu rexeitamento á intención da entidade financeira Abanca de crear a primeira universidade privada en Galiza que. Tal e como se recollía no manifesto lido por diversas organizacións presentes no acto, “primeiro regaláronse as caixas de aforros e agora o presidente Feijóo pretende agasallarlle ao presidente do banco venezolano, Juan Carlos Escotet, os estudos superiores galegos en detrimento da igualdade de oportunidades e da equidade social. Así mesmo, mentres se lle negan recursos, titulacións e reposición de efectivos á universidade pública se quere dar carta branca a unha universidade que só poderán pagar uns poucos”.

No manifesto da Plataforma que se pode consultar integramente no blogue da mesma aparece tamén a diferenza de estándares de calidade que teñen as institucións académicas públicas e privadas. “A Xunta de Galiza, en vez de posibilitar a oferta de novas titulacións nas Universidades públicas, permítelle ofrecelas á privada, ou disfrazar con outro nome titulacións xa impartidas actualmente. Unha administración autonómica non pode deixar de protexer o sistema público de educación, permitindo unha universidade privada que carece dun mínimo índice de calidade, o que vén significar un castigo a un sistema público que si acreditala posuílo. Neste senso, o establecemento dunha universidade destas características non garante os niveis de calidade na formación e capacitación do profesorado, cuestións permanentemente revisadas no Sistema Universitario Galego”.

Novas adhesións

A plataforma, composta inicialmente polas CIG, CCOO e UGT e polas organizacións estudantís Erguer, ANEGA, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes continúa medrando coa adhesión doutros grupos sociais e políticos. Nos últimos días amosaron a súa intención de adherirse Traballadores Galegos da Universidade (TGU), A Trabe Colectivo Nacionalista do PAS da USC, CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Grupo Común da Esquerda, Anova, Compostela Aberta, Galiza Nova, BRIGA, Partido Comunista de Galicia (PCG), Asemblea Aberta de estudantes de Ourense, Asemblea de Investigadoras de Compostela, Fronte de Estudantes, En Defensa das Humanidades (UVigo)...

No blogue da Plataforma segue aberta a opción de realizar esta adhesión tamén a título individual. No blogue da Plataforma segue aberta a opción de realizar esta adhesión tamén a título individual.

Volver