A campaña da CIG e os equipos de normalización dá os seus froitos

Equipos de Normalización

A campaña secundada pola CIG-Ensino e máis de 370 centros, nas que pedíamos unha serie de melloras para os equipos de normalización lingüística, deu os seus froitos xa que o proxecto de Decreto recolle que os coordinadores dos equipos de normalización lingüística terán a mesma consideración administrativa e retributiva que os xefes do departamento, que era unha das nosas reivindicacións. Quedando pendente nos futuros regulamentos outros dos puntos demandados e polos que continuaremos a traballar.

Melloras dos equipos de Normalización no novo Decreto de promoción do galego no ensino 

 

Equipos de Normalización Lingüística. Pasan a se denominaren “Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística”, pasando os seus coordenadores e coordenadoras a contaren cos mesmos dereitos administrativos e económicos ( con efectos do 1 de xaneiro de 2008) que as xefaturas dos departamentos.

 

A composición dos equipos será estabelecida nos regulamentos orgánicos dos centros e terán un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de normalización lingüística dos centros educativos.

 

Constituiranse comisións territoriais coa composición e funcións que determine a Consellaría e establecerase unha colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística para intercambio de experiencias e divulgación dos proxectos desenvolvidos.

 

 

 

 

Volver