A Área Pública da CIG acusa a Feijoo de “tramposo e manipulador” por intentar vender unha rebaixa salarial como un logro

O persoal de Ensino, Sanidade e Administración pública dependente da Xunta de Galiza verá reducidos os seus ingresos nun mínimo dun 4%

Contra as 14:00 horas deste venres, reuníanse representantes das organizacións sindicais e da administración na mesa xeral da Función Pública. Sen documentación previa e sen outra información que a filtrada á prensa desde a propia Xunta de Galiza recibían a confirmación de que en 2013 verán rebaixados os seus salarios. O anuncio acababa en liorta, desaloxando dentro ás/aos representantes sindicais e cunha contundente actuación policial no exterior do edificio da EGAP.

Ligazón

Volver