A CIG-Ensino reelixe a Suso Bermello como secretario nacional no seu VIII Congreso

 
Renovou os seus órganos de dirección e definiu os seus obxectivos para o próximo período.

A CIG-Ensino reelixiu este sábado a Suso Bermello como secretario nacional por 133 votos a favor, 0 nulos e 9 en branco no seu VIII Congreso, no que as 200 delegadas/os asistentes analizaron o traballo desenvolvido neste período e definiron as liñas de acción sindical que guiarán á federación nos vindeiros catro anos.

O VIII Congreso elixiu tamén a nova executiva que recibiu 141 votos a favor, 0 nulos e 1 en branco e queda conformada por Suso Bermello García, Laura Arrojo Reguera, Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, Marta Ferreiro Fernández, Ana Rodiño Domínguez, Diego Boquete Sánchez, Teresa Carballido Salgado, Henrique García Vázquez, Elena Añel Cabanelas, Xosé Anxo Terán Comesaña, Maruxa Martínez Nogueira e Montse Pernas Bellas.

Seguir lendo

O VIII Congreso da CIG-Ensino celebrarase o sábado 13 de novembro no Auditorio de Galiza

 
Nesta xornada as delegadas e delegados e membros do Consello Federal analizarán o traballo desenvolto neste período e fixarán os obxectivos para os próximos 4 anos.

En Compostela, no local nacional do sindicato maioritario do ensino público en Galiza presentouse en rolda de prensa o VIII Congreso, que terá lugar o vindeiro 13 de novembro no Auditorio de Galiza baixo o lema “Imos” e coa indicación certa de que o camiño que seguirá a percorrer a CIG-Ensino será na defensa dun ensino centrado no país, por un profesorado con dereitos e baixo a premisa da igualdade. Na véspera da sesión do Congreso terá lugar un Encontro Sindical  coas delegacións internacionais convidadas na que se realizará unha análise sobre os retos que afrontan os respectivos sistemas educativos e da resposta sindical a eses retos.

Seguir lendo

Documentos 8 Congreso

Resolucións

Regulamento Precongresual

Estatutos actuais CIG Ensino

Quizais quixo dicir:

< Maio 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
19/05/2024
Outros 16 Maio 2024
Radio na Biblio

Publicada a resolución do VI Concurso de Podcast Radio na Biblio.

Outros 16 Maio 2024
Acreditación de competencias dixitais do alumnado

Publicada unha pequena corrección de erros nas instrucións para o alumnado acreditar as súas competencias dixitais.

Outros 15 Maio 2024
Non participación no CADP

Do 15 ao 31 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de non participación no CADP para o curso 2024-2025.

Outros 10 Maio 2024
Proxectos de innovación en FP

Publica a Consellaría a resolución provisional cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.

Outros 10 Maio 2024
Listaxe definitiva de persoas admitidas nas oposicións

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído para as oposicións de acceso e ingreso nos corpos docentes.

DOG 7 Maio 2024
Recursos curriculares en lingua galega

Anuncia a Consellaría a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios para o ano 2024.