XVI Xornadas das Mulleres

A Coeducación. O alicerce do ensino

Ligazón á matrícula, aberto até o xoves 21.

Programa das xornadas

Nestas Xornadas presentaremos o libro “Coeducación. O alicerce do ensino” no que se poden atopar reflexións sobre a coeducación e experiencias prácticas levadas a cabo recentemente en centros galegos.

Faremos  unha análise  de conceptos como o feminicidio da man de Carme Adán.

Montse Pena daranos unha serie de pautas para analizar a literatura infantil e xuvenil desde unha óptica feministra.

Inma López Silva analizará o machismo na literatura e María Obelleiro nos libros de texto.

Contaremos tamén coa presenza das docentes María Carmen Rivas Corbacho e Raquel Martínez Rivas que nos traslarán experiencias de coeducación levadas a cabo no IES Ricardo Mella e de Mirian Morán que nos mostrará a súa experiencia no CPI Viaño Pequeño.

Pecharase o acto coa proxección do documental “Tecido resistente. A revolución silenciosa das mulleres de Présaras” de Marina Chiavegatto.

Programa das xornadas

Ligazón á matrícula, aberto até o xoves 21.

Volver