XI Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil

A CIG non asinou este convenio

A desculpa da “crise” recae unha vez máis sobre as traballadoras e traballadores e aprovéitase para consolidar a precariedade no sector durante catro anos, coa complicidade das outras organizacións sindicais. O presente Convenio foi asinado o pasado día 10 de febreiro de 2010 polas patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT, CCOO, USO e FSIE. Desde a CIG-Ensino queremos manifestar a nosa posición contraria a este Convenio (por iso non o asinamos), así como a nosa sorpresa polo apoio que tivo das outras organizacións sindicais, pois consideramos que supón un claro empeoramento das condicións laborais e, sobre todo, salariais, do persoal nun sector, xa de por si bastante precario.

Ligazón

Volver