Xa é hora. Derrogación da LOMCE

A CIG Ensino solicita unha reunión coa Ministra de Educación

A CIG-Ensino dirixe unha carta á ministra de Educación na que demanda a derrogación da LOMCE e a restitución dos dereitos eliminados polos recortes executados así como a aposta por un modelo descentralizado e respectuoso co carácter plurinacional do Estado.

Na carta, o secretario nacional da CIG-Ensino pon como primeiro elemento fundamental a derrogación da LOMCE.

A CIG-Ensino avogou tamén por unha nova Lei que sexa de mínimos e que permita o desenvolvemento dunha Lei Galega de Educación que dea resposta ás necesidades do noso sistema educativo, respectando o carácter plurinacional, plurilingüístico e pluricultural do Estado español.

Remata a carta solicitando unha entrevista para coñecer os plans inmediatos do equipo ministerial así como para trasladarlle as demandas e inquietudes da CIG-Ensino sobre a situación educativa actual.

Volver