Xa comezan as consecuencias da aplicación dos novos recortes

Resultado da aplicación do RD Lei 14/2012

A Consellaría, en contra dos que nos tiña comunicado, anuncia ás organizacións con representación na mesa sectorial (CIGEnsino, CCOO, UGT e ANPE) que vai haber cambios nas vacantes de Secundaria, aínda que din que serán mínimas, resultado da aplicación do RD Lei 14/2012 que comunicou que vai aplicar. Reacciona e participa nas mobilizacións contra estes recortes.

Mobilizacións previstas:

  1. Manifestacións da CIG polo 1º de maio.
  2. Concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público do día 8 de maio.
  3. Nos peches que se iniciarán o día 14 de maio promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público do día 8 de maio.

Volver