Vigo celebra os 25 anos do Correlingua coa participación de milleiros de estudantes

Na cidade olívica déronse cita alumnos e alumnas de colexios e de institutos para correr, cantar e berrar a favor de vivir en galego.

A xornada contou coas actuacións de Paco Nogueiras e Pauliña e moitas ganas de festa pero tamén de reivindicación. A cativada e mocidade de Vigo, Gondomar, Ponteareas e Salvaterra reivindicaron o seu dereito a aprender e falar galego dentro e fóra da escola.

Como non podía ser doutro xeito, as rúas de Vigo e o parque de Castrelos volveron acoller un ano máis, cando cumpre o seu cuarto século de vida, unha xornada de festa e de reivindicación da nosa lingua no ámbito educativo. Cando se cumpren tamén 15 anos do Decreto de Plurilingüiismo e o ensino se confirmou como un dos elementos máis desgaleguizadores da nosa sociedade, a participación de alumnado de infantil, primaria e secundaria de 12 centros diferentes é un facho de esperanza na actual situación de emerxencia lingüística.

Centros participantes

VIGO: CEIP Otero Pedrayo – IES Politécnico –  IES San Tomé de Freixeiro –  CEIP Virxe do Rocío – CEIP Plurilingüe Seis do Nadal -IES Sta Irene – IES Valadares – CEIP Plurilingüe Carballal Cabral – IES Carlos Casares - IES Castelao – CEIP Canicouva

GONDOMAR: IES Terra de Turunio 

PONTEAREAS: IES do Barral 

SALVATERRA: IES Salvaterra de Miño

Esta edición do Correlingua puido celebrarse grazas á colaboración do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra na súa área de Normalización Lingüística, así como de Eroski.

Volver