Varios mesa sectorial 06-04-10: Addenda acordo interinidades, xubilación anticipada, renuncias ao concurso de traslados, habilitación especialidade de primaria...

MESA SECTORIAL 06-04-10

Outros temas tratados: Pacto pola educación, calendario de temas a negociar, centros de adultos e non cobertura de substitucións.
VARIOS MESA SECTORIAL 6-04-2010
Presentados pola CIG:
Ø ADDENDA ACORDO INTERINIDADES: Envióusenos unha proposta de modificacións de criterios de listas. Desde a CIG supoñemos que iso virá a unha mesa sectorial, xa que non nos parece correcto metelo nun acordo que non subscribiu a maioría da representación do profesorado desta mesa. Ademais preocúpanos que non se trate o tema da estabilidade do profesorado interino e substituto. Se “abrimos o melón”, ten que ser para negociar todo, senón non o abrimos, falamos do problema das listas e punto.
Resposta Admón: A Addenda envíase para tratar na mesa, o vindeiro martes 13. Tratarase tamén un Proxecto de orde dos centros de difícil desempeño.
 
Ø RENUNCIAS coa nova normativa do CONCURSO de TRASLADOS: Queremos saber a posición da Consellaría sobre a proposta do MEC de non poder renunciar na fase provisional do Concurso de traslados como se pretende recoller no novo Real Decreto. No MEC díxosenos que hai diferentes administracións educativas que así o solicitaron. Evidentemente a postura da CIG é que se manteña o dereito a poder renunciar. Poderíamos entender a postura da administración se entre a resolución provisional e a definitiva pasase moi pouco tempo (unha semana ou así), pero non é o caso.
Resposta Admón.: A posición da Consellaría é que deberían eliminarse as renuncias, aínda que non teñen un especial empeño. Hai a postura doutras comunidades que argumentan que se barema a moita xente que logo renuncia, ese non é o argumento de Galiza, pois pretenden facer un baremo automático cunha aplicación informática. O que si é certo é que as renuncias crean confusión. Naceron para as persoas que lles xurdiu algunha variación, pero agora iso está desvirtuado porque hai persoas que concursan por que si. Ademais as resolucións varían moito por mor das renuncias, mais se hai unha petición xeral por parte da representación do profesorado nesta mesa de que se manteña a posibilidade de renunciar,  non haberá ningún problema, mais insiste en que é un prexuízo para o profesorado.
Ø PACTO POLA EDUCACIÓN: Queremos saber tamén a postura da Consellaría sobre o pacto da negociación.
Ø CALENDARIO DE TEMAS A NEGOCIAR: Unha vez máis preocúpanos seguir sen calendario de negociación.
Resposta Admón.: Din que traerán o resto de ROCs e ordes ao longo deste curso.
Ø XUBILACIÓN ANTICIPADA: Trasladamos dúas propostas sobre a xubilación: que faga fronte común para que se prorrogue o dereito e que abra negociacións para revisar as gratificacións aquí, pois é necesario o seu incremento para que repercuta no incremento das xubilacións.
Resposta Admón.: Non se vai abrir ningunha negociación de mellora de gratificación LOE, nada que supoña un incremento de custe.
Ø CENTROS DE ADULTOS: Problema da redución de prazas de adultos.
Ø NON COBERTURA DE SUBSTITUCIÓNS: Desde a Consellaría non se están cubrindo as substitucións en datas anteriores a vacacións. E cada ano imos a peor!!
Outras cuestións tratadas no apartado de varios:
·         Habilitación especialidade de primaria e o novo RD de traslados: A Consellaría di que haberá que agardar á redacción definitiva do proxecto de RD de Traslados. Desde a Consellaría de Educación pretenden que todo o profesorado que aprobou ou aprobe un proceso selectivo anterior a entrada en vigor deste real decreto habilitalo, desde a Subdirección de RRHH, na especialidade de Primaria (din que agora mesmo os opositores de antes de 2009 están participando na especialidade de primaria). É un conflito creado polo RD que creou a especialidade e comunidades que convocaron moitas prazas no 2007, na opinión da Consellaría con moita antelación. Úsanse argumentos incorrectos por parte de certas comunidades autónomas (por conflitos de intereses): “non se pode recoller esta habilitación porque non está regulado”. Pero por esa regra de tres ningún mestre que aprobou a oposición antes do 2007 tería a especialidade de Primaria, e sen embargo nesas comunidades están concursando á especialidade de Primaria!!

Volver