Unanimidade sindical contra as agresións da Consellaría ao profesorado do ensino público

Convocataria unitaria de rolda de prensa

A unanimidade das organizacións sindicais faremos público o luns 20 de xuño en rolda de prensa as mobilizacións contra a tremenda agresión que a Consellaría de Educación pretende levar adiante contra a totalidade do profesorado do ensino público, botando abaixo o acordo de 8 de xuño de 2007 e ampliando a xornada lectiva do profesorado galego.

Nunha reunión mantida na mañá do sábado 18 de xuño, a totalidade das organizacións sindicais acordamos unha serie de accións a levar adiante para frear o ataque sen precedentes da Consellaría de Educación contra os seus empregados e empregadas docentes. 

Esta é a nota de prensa enviada aos medios de comunicación:

As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG, e CSIF convocamos a todos os medios de comunicación a unha rolda de prensa.

Data: luns dia 20

 Hora: 12 horas.

 Lugar: Hostal dos Reis Católicos.

Tema: anuncio das medidas de presión e mobilización unitarias para esixir da Consellaría de Educación que retire a modificación do horario lectivo e esixir o mantemento e o cumprimento do acordo asinado o 8 de xuño de 2007.

 

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2011.


TODA A INFORMACIÓN DA AGRESIÓN AO PROFESORADO POR PARTE DA CONSELLARÍA.

Podes acceder á información sobre o ataque da Consellaría de Educación a través da seguinte ligazón

Volver