Ultimas novidades do Concurso de Traslados do corpo de mestres/as

A Consellaría retira da súa web a resolución do Concurso de mestres/as

Publicadas as vacantes definitivas do concurso de mestres e retirada da web da Consellaría da resolución definitiva do propio concurso de traslados.

A Consellaría de Educación colgou hoxe na súa páxina web a resolución definitiva do concurso de traslados do corpo de mestres. A CIG-Ensino, tendo constancia disto, fixo público na súa páxina dita resolución así como a enviou á afiliación.

Con posterioridade a Consellaría retirou dita resolución e púxose en contacto coa CIG para solicitarnos tamén a retirada da nosa web, xa que a súa visualización pública foi debida a un erro e este borrador podía sufrir modificacións até a súa publicación definitiva que está previsto que sexa o día 3 de xuño no DOG.

Están colgadas as vacantes definitivas que podes consultar na seguinte ligazón:

Volver