Todos os datos para revisar as prazas ofertadas pola Consellaría
Documentos feitos a partir da información remitida pola Consellaría
A CIG-Ensino, partindo da información remitida pola Consellaría, pon a disposición de todo o profesorado a documentación necesaria para poder facer unha revisión de todas e cada unha das prazas que a administración oferta polas disposicións adicionais 6 e 8 para o concurso excepcional e artigo 2º para o concurso oposición.
Prazas que, seguindo os criterios da Consellaría, non se ofertan.
Prazas do concurso excepcional que non se van ofertar (DA6 e DA8).
Prazas do concurso oposición extraordinario que non se van ofertar (artigo 2).
Para poder trasladarlle ao sindicato as vosas achegas non tedes máis que cubrir o seguinte formulario antes do martes 12 de abril
(ampliamos o prazo unha semana toda vez que se adía a Mesa).
A CIG-Ensino parte dun estudo interno pormenorizado, polo que xa estamos traballando para un control de todas e cada unha das prazas, centro a centro e especialidade a especialidade.
Con todo, consideramos importante contar coa participación de todo o profesorado que así o desexe, facéndonos chegar información de prazas que non aparecen na proposta da Consellaría e que considerades que cumpren os requisitos.
O noso obxectivo, despois de lograr que se duplicaran as prazas que a Consellaría anunciara inicialmente para concurso, é que non quede ningunha praza que, cumprindo cos criterios estabelecidos, deba ser incorporada aos procesos selectivos.
As prazas de cada centro só teñen a función de computar prazas totais a ofertar nos procesos selectivos. A obtención dunha praza concreta será, como sempre, por concurso de traslados.