Todos e todas á folga no Consorcio o 19 de xaneiro

A Consellaría segue sen atender as demandas dos/as traballad

O Día 13 de xaneiro de 2009, celebrouse a primeira reunión entre a Xerencia do Consorcio e a representación dos/as traballadores/ as, despois de reiteradas solicitudes feitas pola CIG, como organización maioritaria (xa desde antes do pasado verán), para abordar canto antes a situación do seu persoal e dos servizos que atende. Tivo que pasar un período tan longo coma unha xestación da que no canto de asistir a un parto estase a escenificar unha morte lenta dun proxecto que, por primeira vez en moitos anos, achegou a un número importante de cidadáns e cidadás unha serie de servizos encamiñados precisamente aos sectores máis desfavorecidos, desde os máis pequenos, ata as persoas maiores, e identificándose cos nosos signos de identidade: Conversión das Galescolas en Escolas Infantís e eliminación da presenza da nosa lingua e bandeira, supresión dos servizos de I+B e despedimento de 61 traballador@s, a campaña de desprestixio do seu propio persoal, con mentiras e cuestionando a lexitimidade do seu acceso aos postos de traballo, a privatización dos servizos, etc.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas