
Todas e todos á FOLGA. En defensa do emprego e das pensións
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que rectifique inmediatamente a circular enviada hoxe aos centros por correo electrónico solicitándolles as previsións da folga, por ser unha actuación ilegal e inadmisíbel
É inadmisíbel, amais de ilegal, que a Consellaría pretenda condicionar o exercicio fundamental do dereito á folga do profesorado, xa que ninguén está obrigado a declarar de antemán a súa intención de ir ou non á folga, xa que esta está convocada para todos os traballadores e traballadoras. Ao mesmo tempo, temos que denunciar que, unha vez máis, a Consellaría pretende instrumentalizar a dirección dos centros, obrigándoas a efectuar funcións ilegais e a responder preguntas que están pensadas exclusivamente para combater a folga.
A CIG-Ensino exixe a rectificación inmediata da Consellaría, do contrario non desbotamos emprender accións legais. Ao mesmo tempo, indicámoslles ás direccións dos centros que non están obrigados a mandar datos sobre a previsión da folga.
Horas e lugares das mobilizacións do día da folga.
Os horarios das manifestacións e concentracións que se celebrarán coincidindo coa folga xeral do 27-X, coa que se pretende rexeitar a reforma das pensións do Goberno español, son os seguintes:
Vigo. Ás 12.00 horas dende o Cruce da Doblada.
A Coruña. Ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo.
Cee. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).
Pontevedra. Ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería.
Vilagarcía. Ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.
Ferrol. Ás 12.30 horas dende a avenida de Esteiro (local da CIG).
Santiago de Compostela. Ás 12.30 horas dende a Praza Roxa.
Lugo. Ás 12.00 horas dende a Ronda da Muralla, 58 (local da CIG).
Burela. Ás 12.00 horas dende a rúa Arcadio Pardiñas, 137 (local da CIG).
Ourense. Ás 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
Verín. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.
Xinzo. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.
O Barco. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).
Ribeira. Ás 12:00 horas dende a Praza do Peixe.