Todas as organizacións sindicais, agás ANPE, abandonan a Mesa Sectorial ante a negativa da Consellaría a tratar a modificación da circular 5/2009, motivo da folga convocada nas EOIs o 9 e o 10

Mesa sectorial

CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT e STEG no inicio da Mesa Sectorial de hoxe día 7 de setembro, reclamaron da Administración educativa, representada polo Director Xeral José Luís Mira Lema, que se suspendese a orde do día da Mesa Sectorial convocada para hoxe e que se tratase a retirada da circular 5/2009, que todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial pediron que se retirase por vulnerar o dereito á negociación, ao aplicarse unilateralmente por parte da Consellaría esta circular que non pasou polo órgano de negociación preceptivo, a Mesa Sectorial.


Todas as organizacións sindicais, agás ANPE, abandonan a Mesa Sectorial ante a negativa da Consellaría a tratar a modificación da circular 5/2009, motivo da folga convocada nas EOIs o 9 e 10 de setembro

CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT e STEG no inicio da Mesa Sectorial de hoxe día 7 de setembro, reclamaron da Administración educativa, representada polo Director Xeral José Luís Mira Lema, que se suspendese a orde do día da Mesa Sectorial convocada para hoxe e que se tratase a retirada da circular 5/2009, que todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial pediron que se retirase por vulnerar o dereito á negociación, ao aplicarse unilateralmente por parte da Consellaría esta circular que non pasou polo órgano de negociación preceptivo, a Mesa Sectorial.

O Director Xeral negouse a que se introducise este previo e non deixou que as OOSS fixesen a súa exposición de motivos, xustificándose en que na Mesa Sectorial soamente se tratarán os temas que teña proposto a Consellaría.

A actitude da Consellaría é unha actitude autoritaria e negadora do diálogo, pois impón a orde do día e non atende as demandas das OOSS, néganse a que demandemos o tratamento da circular, cando foi a Consellaría a que si vulnerou todo a legalidade vixente ao impor unha circular sen negociar nos órganos preceptivos e en pleno mes de vacacións, e agora continúa na mesma actitude, malia estar convocada unha folga.

Ante esta actitude inquisitorial da Administración, CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT e STEG abandonaron a Mesa Sectorial. É de lamentar que ANPE siga o xogo da Consellaría, avalando coa súa continuidade na Mesa o posicionamento da Consellaría.

As organizacións sindicais abaixo asinantes consideramos un insulto ao profesorado a actitude da Consellaría, que despreza a negociación e impón o seu criterio, e segue negándose a negociar unha circular que vai ir en detrimento da calidade do ensino público nas EEOOII e vai incidir na redución de postos de traballo.

Este mércores  día 9 iníciase unha folga de dous días que prevemos maioritaria. O mércores día 9 ás 11:30 da mañá realizarase unha concentración ante a Consellaría de Educación para reclamar a retirada da circular e en defensa do ensino público.

 

CIG-ENSINO      CCOO-ENSINO FETE-UGT           STEG

Volver