Terceira reunión no SIMA do XVI convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade

A CIG-Ensino rexeita unha nova proposta de peche de convenio feita pola patronal por inasumíbel, inxusta e inxustificábel

A 3ª reunión de onte no SIMA, do XVI convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade, rematou cunha nova ACTA DE APRAZAMENTO para o 9 de xullo, logo de presentar unha nova proposta a patronal tal e como se quedara no anterior SIMA, que foi rexeitada de novo polos sindicatos estatais e que a CIG-Ensino cualificou, unha vez máis, de inasumíbel , inxusta e inxustificable. As outras dúas OO.SS fixeron unha contraproposta á baixa, que a CIG-Ensino non compartiu, pois bebe dos ditados das patronais, e fixeron unha petición ao árbitro do SIMA de “que se manteña a total confidencialidade nestas reunións mentres non haxa acordos, polo ben das mesmas” e que se recolleu na acta de aprazamento nestes termos:

Se insta a las partes a mantener la confidencialidad del contenido de las distintas propuestas que se debaten en las reuniones de mediación.                                                                              

A CIG-Ensino como parte do proceso de mediación e que asinou dita acta para seguir no proceso, vaino respectar como non pode ser doutra maneira, aínda que defendeu no SIMA non compartir este silencio e peche informativo público das negociacións nesta mediación.

“A boa entendedora , poucas palabras”. Nos nosos locais podedes acceder a toda a información.

A CIG-Ensino como sempre afirmou defenderá os intereses do persoal traballador no marco estatal ate que este se peche, pero se, como é previsible, non se acadan os obxectivos de dignificar o convenio, tratará de facelo nun marco galego de negociación co fin de loitarmos por un convenio digno e xusto na Galiza. Para isto o que precisamos é maiorías sindicais e que o sector en cada centro de traballo se organice facendo as eleccións sindicais en torno ao modelo sindical da CIG-Ensino: reivindicativo, combativo e asembleario, renunciando ao pactista e entreguista que impoñen os sindicatos estatais, dende as súas cúpulas, en conivencia coas patronais (inmobilistas e involucionistas, cun bloqueo de máis de 3 anos), como levan facendo convenio tras convenio.

Volver