
Táboas salariais 2022 do ensino concertado
A CIG-ensino non subscribe a revisión salarial para 2022 do VII convenio colectivo estatal de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos ao afondar na perda de poder adquisitivo
A CIG-Ensino, logo das “negociacións” das táboas salariais de ensino concertado para 2022, non asinou a revisión salarial coa suba do 2% dende o 1 de xaneiro para todos os traballadores/as, ao igual que non o fixera nas táboas de anos anteriores. Unha vez máis non se acadan neste acordo asinado o 26/01/2022 as nosas históricas reivindicacións:
1.- Estamos en contra da perda de poder adquisitivo que supón para todo o persoal afectado por este convenio: lévase máis dun 10% acumulado de perda de IPC desde o recorte salarial do 5% feito en 2011, e non se introduce cláusula de revisión salarial a alza o que vai supor aumentar esa perda de IPC ( pechouse 2021 cun 6,5% de IPC, e os salarios subiron só un 0,9%).
2.- Porque non se garante o SMI para os salarios que queden por debaixo, ante un posible incremento do mesmo para 2022, absorbéndose os complementos salariais, tal e como se fixo no último trimestre de 2021 ao pasar o SMI a 965€ e os salarios quedaron en 950€. Ademais, porque non se reduce a fenda salarial entre os salarios máis altos e os máis baixos, nin se aplican as subas aos complementos do convenio.
O acordo da suba salarial foi asinado por todas as asociacións empresariais (EyG, CECE, FED-ACES e APSEC) e as organizacións sindicais FSIE- USO- UGT e CCOO, asinantes do VII convenio, que os ata na negociación o art. 57 para o pago delegado, pero que asumen o mesmo para o resto do persoal, PAS e docentes sen pago delegado.
Proposta defendida na mesa por CIG-Ensino:
Suba salarial do 3% sobre táboas de 2021, cunha cláusula de revisión salarial á alza, como garante do IPC, para salarios superiores ao salario medio galego e para os que estean por debaixo suba lineal de 630€ en 14 pagas (obxectivo reducir fenda salarial entre altos/baixos). Deste xeito tamén avanzaremos na recuperación de parte da perda de poder adquisitivo. Este 3% tamén se aplicará a todos os complementos do convenio. Os salarios máis baixos adaptaranse ao SMI correspondente de cada ano (acordar cláusula garantista), non quedando ningún salario por debaixo do mesmo, evitando a absorción de complementos salariais.
Unha vez máis, denunciamos a falta de negociación e que temos un convenio estatal que despois non se aplica, en táboas salariais, PEA, complementos de cargo,... É necesario trasladar o ámbito de negociación alí onde se dan as condicións para chegar a acordos que sexan realistas e poidan aplicarse, é dicir, ás CC.AA., e que participen nelas as tres partes implicadas: patronais, organizacións sindicais e, polo menos, mentres sigan sendo financiados con fondos públicos, as administracións educativas correspondentes. Xa vén sendo hora de adaptarse á realidade e de respectar a pluralidade do Estado, así como facer partícipes e que decida o persoal traballador, acercándolles a negociación e non deixando que sexan as cúpulas patronais e sindicais, en Madrid, as que decidan segundo os seus intereses.
De que vale un convenio estatal que non se aplica, mesmo limita e non é operativo?
TÁBOAS SALARIAIS CENTROS CONCERTADOS GALIZA 2022.
DOCENTES EN PAGO DELEGADO:
ENSINO CONCERTADO GALIZA 2022 |
SALARIO BASE 2022 |
COMPL. AUTONÓM.(C.A.) 2022 |
TOTAL SALARIO 2022 |
TRIENIOS 2022 |
E. INFANTIL, E.PRIMARIA, E. ESPECIAL |
1.753,54 € |
396,63 € |
2.150,17 € |
39,85 € |
1º CICLO ESO MESTRES |
1.753,54 € |
504,58 € |
2.258,12 € |
39,85 € |
LICENCIADOS ESO, FP, FPB |
2.059,21 € |
404,00 € |
2.463,21 € |
50,25 € |
RESTO DOCENTES E PAS:
CATEGORÍA LABORAL |
SALARIO |
TRIENIO |
|
Mestre/a |
1745,50 |
41,77 |
|
Profesor/a FP e ESO |
1928,30 |
52,64 |
|
Profesor/a Bacharelato |
2016,58 |
52,64 |
Compl. +97,99 |
Profesor/a de Actividades Educativas Extracurriculares |
1480,83 |
37,93 |
|
Monitor/a - Educador/a Instrutor/a - Técnico/a |
1332,73 |
36,17 |
|
Xefe/a de Administración/ Secretaría |
1366,39 |
42,17 |
|
Xefe/a de Negociado |
1150,72 |
36,04 |
|
Oficial Contable - Xefe/a de Cociña - Condutor/a e Oficial 1ª oficios |
1097,87 |
35,61 |
|
Recepcionista - Telefonista Auxiliar - Garda - Vixiante/a Empregado/a de Servizo de Limpeza, prancha, lavado, mantemento, xardinería e oficios varios |
978,00 |
35,61 |
|
Coidador/a - Porteiro/a - Oficial 2ª Oficios - Axudante de cociña |
1003,65 |
35,61 |
|
Conserxe / Gobernante |
1150,51 |
35,61 |
|
Cociñeiro/a |
1046,44 |
35,61 |
Prazo para aboar atrasos e actualizar salarios desde que saian en BOE.
Máis información en : http://www.cig-ensino.gal/ensino-concertado.html