Solución XA!

Concentración diante da Consellaría de Educación ás 11:00 horas de mañá martes 29 de xullo

Ante a inaptitude e irresponsabilidade da Consellaría de Educación e Ordenación Universitara para resolver a situación derivada da súa errática actuación con respecto ao Concurso Xeral de Traslados do profesorado e as consecuenicas no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais, a CIG Ensino convoca unha concentración de delegadas e delegados diante da Consellaría de Educación, esixindo unha solución inmediata ao conflito, mañá martes 29 de xullo ás 11:00 horas.

Volver