Recorda a obrigatoriedade de participar no concurso e presentalo na sede electrónica
O prazo de participación é do 27 de xuño ao 17 de xullo
CIG
Recorda, se es persoal interino, substituto ou estás consolidada nas listas de substitucións -aínda que non chegaras a traballar por presentar contrato, coidado de crianzas...- a obrigatoriedade de participar e de presentar as solicitudes na sede electrónica.
Convocatoria do CADP.
Resolución coas datas do CADP. Ligazón
Resolucións
Provisionais: 27 de xullo mestres e 31 de xullo secundaria.
Definitivas: o 3 de agosto en mestres e o 11 de setembro en secundaria.
Reclamacións e renuncias
Primaria: dous días hábiles desde a resolución provisional ao través da sede electrónica.
Secundaria: até o tres de setembro desde o 31 de xullo
Toda a información dos dous concursos nas seguintes ligazóns
Táboa con todas as datas
| DATA | DESCRICIÓN | 
| 26/06 | DOG. Publicación da resolución de apertura de prazos de destinos provisionais | 
| 02/07 | Relación provisional de profesorado obrigado a participar no CADP | 
| 09/07 | Remata o prazo para reclamar a lista de profesorado obrigado a participar | 
| 16/07 | Profesorado interino. Comeza o prazo para limitar as provincias, e nalgúns casos concellos, para cubrir substitucións | 
| 17/07 | Remata o prazo de presentación de solicitudes do CADP | 
| OPOSICIÓNS | 2 días hábiles para que quen aprobou as oposicións presente solicitudes (incluída nova instancia do persoal interino) | 
| 26/07 | Relación definitiva de profesorado obrigado a participar no CADP | 
| 27/07 | Previsto: resolución provisional do CADP do corpo de mestres | 
| 31/07 | Previsto: Remata o prazo de reclamacións no corpo de mestres. Resolución provisional do CADP dos demais corpos docentes | 
| 03/08 | Previsto: resolución definitiva do CADP do corpo de mestres | 
| 17/08 | Profesorado interino. Remata o prazo para limitar as provincias, e nalgúns casos concellos, para cubrir substitucións | 
| 03/09 | Remata o prazo de reclamacións nos corpos de secundaria | 
| 11/09 | Previsto: resolución definitiva do CADP dos corpos de secundaria | 
Outras informacións.
Cadros de persoal de educación infantil, educación primaria e educación especial coa identificación do tipo de xornada dos centros e a especial dificultade. PDF
Novas relacionadas


 
      
 
       
  
  
 
  
  
