Situación actual da intervención da inspección de traballo en relación coa contratación de profesorado substituto nos meses de verán

Inspección de traballo

A principios do mes de outubro desde a CIG-Ensino, unha vez que tivemos coñecemento da investigación iniciada pola Inspección de Traballo da provincia da Coruña sobre a contratación durante os meses de verán do profesorado substituto que traballara máis de 5 meses e medio ao longo do curso escolar 2007/08, mantivemos unha entrevista cos responsábeis da propia Inspección para coñecer de primeira man cales eran os motivos do expediente aberto. Como informamos no seu momento, o problema limitábase á provincia da Coruña e podía traer como consecuencia á reclamación do diñeiro percibido pola prestación de desemprego e a anulación da cotización á seguridade social dos meses de verán.

Ligazón

Volver