Segunda concentración en defensa da Escola Infantil Municipal de Vilagarcía

O pasado 28 de marzo tivo lugar a segunda concentración para denunciar a grave situación da Escola Infantil Municipal de Vilagarcía, máis dun ano despois de que a CIG fixese pública a irregularidade na xestión deste servizo.

A entrada en vigor do convenio colectivo en xuño de 2025 introduciu unha dobre escala salarial en función de se as escolas estaban licitadas antes ou despois da súa publicación. No caso da Escola Infantil Municipal de Vilagarcía, a falta de licitación durante 2025 está a supor unha perda salarial de entre 2.800 e 3.200 euros anuais por traballadora, cando o salario mensual dunha educadora apenas rolda os 1.200 euros.

Na sesión plenaria do 8 de xaneiro de 2026, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade a celebración dunha reunión cos grupos municipais e o colectivo de traballadoras para abordar esta problemática. Porén, a día de hoxe, esa xuntanza aínda non foi convocada, o que evidencia a falta de vontade política para dar unha resposta efectiva. 

Esta situación xa fora denunciada na primeira concentración, celebrada o pasado 14 de febreiro, sen que desde o Goberno municipal se producise ningunha reacción máis alá do silencio. Posteriormente, anunciouse que na primavera de 2026 estarían listos os pregos para unha nova licitación do servizo. Coa primavera xa iniciada e once semanas despois do pleno municipal, non hai avances nin prazos concretos. A día de hoxe, o Concello segue sen dar ningunha solución.

Desde o verán de 2025 vénse reclamando unha solución clara: ou ben a remunicipalización do servizo ou a súa licitación inmediata. O que tiña que estar resolto para o inicio do curso 2025/2026 segue bloqueado máis de sete meses despois, agravando unha situación que non deixa de empeorar.

Esta inacción ten consecuencias directas e moi graves para o persoal. A entrada en vigor do convenio colectivo en xuño de 2025 introduciu unha dobre escala salarial en función de se as escolas estaban licitadas antes ou despois da súa publicación. No caso da Escola Infantil Municipal de Vilagarcía, a falta de licitación durante 2025 está a supor unha perda salarial de entre 2.800 e 3.200 euros anuais por traballadora, cando o salario mensual dunha educadora apenas rolda os 1.200 euros. É de xustiza que se dea unha solución inmediata a esta situación.

Canto máis se retrase a licitación, maior será o prexuízo económico para as traballadoras, que están a asumir as consecuencias dunha situación allea á súa responsabilidade e derivada da deixadez do Concello.

Por este motivo, reclámase que o Concello resarza as traballadoras polos salarios deixados de percibir desde o 1 de xaneiro de 2025, coincidindo coa entrada en vigor do novo convenio, ata que se resolva definitivamente a situación mediante remunicipalización ou nova licitación.

Ademais, ante a próxima apertura do prazo de matrícula, considérase imprescindible:

  • Axilizar a xestión das prazas por parte do Concello.
  • Ampliar tanto o número de prazas como o propio servizo, xa que a situación actual resulta insuficiente e está a provocar un prexuízo tanto para o persoal como para as persoas usuarias e para a propia empresa adxudicataria.
  • Garantir horarios o máis amplos posibles que permitan a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias, evitando recortes que reduzan a cobertura do servizo e provoquen baixas ao non responder ás necesidades propias dun servizo pú
  • Asegurar estabilidade horaria para todo o persoal.
  • Incrementar o cadro de persoal e as xornadas de traballo.

Un servizo público como este debe prestarse con todas as garantías, tanto na calidade da atención como nas condicións laborais, económicas e sociais do seu persoal.

As traballadoras reiteran que non van aceptar seguir traballando sen cobrar puntualmente as súas nóminas e advirten de que continuarán coas mobilizacións. Manteranse as concentracións mes a mes ata que o Concello dea unha solución real e definitiva.

Volver