SEGUEN AS MOBILIZACIÓNS NAS EEOOII POLA RETIRADA DA CIRCULAR 5/2009 E A APERTURA DE NEGOCIACIÓNS NA MESA SECTORIAL

Pola retirada da circular 5/2009

Ante a negativa da Consellaría a atender as demandas do profesorado das EEOOII e os seus representantes sindicais, continúan as mobilizacións nas Escolas de Idiomas. Inadmisibelmente, despois do apoio demostrado polo profesorado á folga e ás concentracións convocadas, demandando a retirada dunha circular que non foi negociada na Mesa Sectorial, que implica un retroceso significativo na calidade do ensino dos idiomas e empeora as condicións de traballo do profesorado, a Consellaría segue sen atender as lexítimas demandas dos traballadores das EEOOII e por toda resposta difunde mentiras sobre o desenvolvemento do seu traballo.

SEGUEN AS MOBILIZACIÓNS NAS EEOOII

POLA RETIRADA DA CIRCULAR 5/2009

E A APERTURA DE NEGOCIACIÓNS NA MESA SECTORIAL

 

 

Ante a negativa da Consellaría a atender as demandas do profesorado das EEOOII e os seus representantes sindicais, continúan as mobilizacións nas Escolas de Idiomas. Inadmisibelmente, despois do apoio demostrado polo profesorado á folga e ás concentracións convocadas, demandando a retirada dunha circular que non foi negociada na Mesa Sectorial, que implica un retroceso significativo na calidade do ensino dos idiomas e empeora as condicións de traballo do profesorado, a Consellaría segue sen atender as lexítimas demandas dos traballadores das EEOOII e por toda resposta difunde mentiras sobre o desenvolvemento do seu traballo.
As organizacións sindicais, CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT, ANPE-Galicia e STEG acordamos levar a cabo as seguintes accións:.

 

  1. Dirixir un escrito a Educación solicitando unha entrevista co Conselleiro para que atenda a demanda de retirada da circular e inicie as negociacións sobre as EEOOII, tendo en conta o amplísimo seguimento da folga e para buscar unha saída ao conflito.
  2. Solicitar unha entrevista cos grupos parlamentares para trasladarlles as nosas demandas.
  3. Emitir resolucións das Xuntas de Persoal reclamando a retirada da circular e o inicio de negociacións sobre as EEOOII.
  4. Convocar unha asemblea de todo o profesorado das EEOOII, o martes 22 de setembro, ás 11:30, no IES de Fontiñas, Santiago de Compostela (rúa Estocolmo nº 5), asemblea en que se valorarán as accións realizadas, a situación actual e as posíbeis medidas a levar a cabo para acadar unha solución.

As organizacións sindicais agardamos que Educación asuma a súa responsabilidade e retire a circular, sentándose a negociar cos representantes do profesorado.

Incluímos, ademais, os seguintes documentos e informacións:
- Cartel da convocatoria ASEMBLEA a todo o profesorado o martes 22 de setembro ás 11.30 h no IES As Fontiñas (centro de FP).
- Proposta de resolución das Xuntas de Persoal: a proposta de todas as organizacións sindicais mencionadas, levarase este texto ás Xuntas de Persoal para esixir a retirada da circular.
- Solicitude de entrevista aos grupos parlamentares
- Escrito dirixido ao conselleiro

Volver