Sábado día 7 ás 11:30 concentración na Praza do Toural na defensa do carácter público do Consorcio e o mantemento das prestacións e os postos de traballo

Acordos da asemblea de traballadoras e traballadores de I+B

Na asemblea convocada pola CIG o 29 de outubro, para o persoal de ofi cinas de I+B do Consorcio debido tanto a que os plans de familia, igualdade e infancia non aparecen orzamentados e todo indica que poden desaparecer e con eles os postos de traballo, como ás difamacións da Secretaria Xeral Susana López Abella

Concentración sábado 7 ás 11:30 na Praza do Toural



Na asemblea convocada pola CIG o 29 de outubro, para o persoal de o debido tanto a que os plans de familia, igualdade e infancia non aparecen orzamentados e todo indica que poden desaparecer e con eles os postos de traballo, como ás difamacións da Secretaria Xeral Susana López Abella. Acordamos:

• Levar a cabo accións xudiciais contra a Secretaria Xeral, Susana López Abella, por manisfestar no parlamento que este persoal “entrara a dedo”.

• Solicitar entrevista co Presidente da FEGAMP (xa está concedida martes 10 de novembro).

• Solicitar entrevista coa Conselleira.

• Solicitar entrevista cos Grupos Parlamentares (xa se celebrou co BNG e PSOE, pendente co PP).

• Luns, día 2 de novembro, ás 6 da tarde, empapelado do Consorcio con pancartas de todos os centros (mobilización celebrada, ver vídeo).

• Sábado día 7 ás 11:30 concentración na Praza do Toural en Compostela e a continuación teremos unha asemblea para analizar a situación e mobilizacións. O lugar da Asemblea será na Fundación de Caixa Galicia (Rúa Nova, 19)

• Recollida de sinaturas para o persoal do consorcio. Recolleranse o día da concentración.

• Recollida de sinaturas para toda a cidadanía. Enviarase un texto para que se recollan sinaturas non so exclusivamente do persoal do Consorcio.

• Información á prensa de todas estas accións.

• Elaboraración dun folleto coa intención de ser repartido nas concentracións e nos centros de traballo aos usuarios do servizo.

• Folga: Acordouse trasladar a todos os centros de traballo do Consorcio a proposta de iniciar unha folga que abranguerá as reivindicacións máis importantes (a situación do persoal de o de perda de postos de traballo, aplicación convenio, realización oposicións, estabilidade). A decisión dependerá da opinión do persoal do Consorcio.

Volver