Reunión dos Equipos de normalización lingüística

Martes 1 de abril ás 18:30

Reunión dos Equipos de normalización lingüística. Unha vez que xa vai transcorrido máis da metade do curso escolar, preocúpanos comprobar como a Consellaría de Educación non procura a aplicación do Decreto 124/2007 que regula o uso e a promoción do galego no ensino, abandonando o seu seguimento e a procura de medios e recursos para efectivizalo. Como responsábeis dos Equipos de Normalización Lingüística dos centros e persoas comprometidas coa normalización lingüística no ensino, agardamos contar coa vosa participación nalgunha das reunións convocadas pola Mesa, a CIG-Ensino e a AS-PG para o martes, día 1 de abril, co obxecto de analizar a situación actual da normalización lingüística nos centros educativos, nomeadamente o grao de incrumprimento do decreto 124/2007 que regula o uso e promoción do galego no ensino, e estudar as propostas de medidas e accións a levar a cabo ante a paralización que se está a producir na súa aplicación.

Ligazón

Volver